Corazon de Mimbre

martes, enero 31, 2006

Ela tiña os ollos pechados e un asomo de tranquilidade na cara. Había moito que non vía unha expresión así. Pero eu sabía que non estaba durmida.
Cando a súa visión me inquedaba, recordaba que ela quixo ser vedette dunha gran sala de espectáculos, e acabara como moza de compañía nun tristeiro clube. OS seus ollos traizoados por tantas bocas non eran inseguros, so febles.
De todas formas, eu amaba o seu semblante mudo cando pechaba os ollos e simulaba durmir no medio da noite, sen sentir a miña marcha.

---------------------------------------------------------------

Hoxe pensaba en que odio ve-lo sol a traves da ventana. E decidin que vou forra-la casa de persianas. Non me gusta o sol tra-los cristales, os paxaros tra-las xaulas, a vida tra-la precaución.
Gústanme as cousas directas, sen rodeos. As persianas serán unha boa solución. Seguro.

1 Comments:

  • At 5:16 p. m., Blogger oko said…

    se enches a túa casa de persianas, de seguro non poderás ter luz natural na casa. creo que saes perdendo...

     

Publicar un comentario

<< Home